@article{García Ferreiro_2021, title={A denegación de embarque xustificada no transporte aéreo de pasaxeiros}, url={https://cadernosdedereitoactual.es/ojs/index.php/cadernos/article/view/636}, abstractNote={A denegación de embarque adoita asociarse exclusivamente coa reserva excesiva de billetes cando en realidade esta figura é moito máis ampla e complexa do que se acostuma a pensar: pode ter a súa orixe noutros motivos diferentes ao arriba indicado e carrexa diferentes consecuencias xurídicas en función de si estes teñen a consideración de xustificados ou non. A normativa non establece unha lista pechada de causas que permitan xustificar unha denegación de embarque pero, dunha análise pormenorizada da normativa europea reguladora do transporte aéreo, a xurisprudencia, as recomendacións do sector e a doutrina podemos concluír que existen seis motivos principais que poden xustificar unha denegación de embarque. O presente estudo trata de analizar en detalle cada un deles.}, number={15}, journal={Cadernos de Dereito Actual}, author={García Ferreiro, Anxo}, year={2021}, month={jun.}, pages={478–493} }